VISITA DOS XOGADORES DO BURELA F.S.



Cerca de 30 rapaces estiveron hoxe entrenando con dous dos xogadores do Burela F.S. A sesión dividiuse nunha parte práctica o principio, unha charla coloquio e o culminar ca entrega de agasallos para os pícaros.

Juanma como capitán do equipo foi o encargado de presentar os compañeiros que acudiron con el para facer as delicias dos pequenos de Mondoñedo. Acompañaron a Juanma Cesar Revilla, Lucas (segundo entrenador do Burela), e Modia (xerente do Club).

Esta actividade foi organizada dentro da campaña: "DEPORTE SI, DROGAS NON"