CHARLA SOBRE ARBITRAXE E PRENSA

O xoves, no C.E.I.P. ÁLVARO CUNQUEIRO MORA, dous árbitros de fútbol-sala do colexio de árbitros de Lugo e un dos periodistas do Progreso impartirán unha charla coloquio no centro educativo na que intentarán facerlle ver cal é a labor do árbitro no deporte, sendo a labor do periodista dar a coñecer detalles sobre o deporte, o arbitraxe enfocados dende a prensa.

Esta actividade está organizada dentro da campaña "DEPORTE SI, DROGAS NON", rematando xa a programación da mesma.