CHARLA ARBITRAXE




Alumnos/as do C.E.I.P. ÁLVARO CUNQUEIRO MORA, disfrutaron dunha charla sobre arbitraxe impartida por dous árbitros do colexio de árbitros de Lugo, árbitros de nacional.


A actividade dividiuse nas seguintes partes:


  • Unha presentación dos poñentes.

  • A explicación das regras do fútbol-sala con amenas preguntas.

  • A explicación de cal é a figura do árbitro.

  • Explicación da palabra DEPORTIVIDADE.

Esta actividade forma parte da formación que dende a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo se lle intenta dar ós alumnos das escolas e dos centros educativos, como deportistas ou futuros deportistas.


Dende a Delegación se quere agradecer a colaboración da Federación Galega de Fútbol-sala e en particular da Delegación de Lugo, agradecendo tamén a colaboración da Delegación de árbitros.