ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LEVAR MELLOR O ESTADO DE ALARMA (CAPÍTLO 51)


Despois dun parón nas entrevistas volvemos con dúas novas. Esta primeira con "Manu". Un millón de grazas por colaborar connosco.
-NOME: Manuel Pardo Freire.
-LUGAR DE NACEMENTO: Mondoñedo.
-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS: sin dúbida a Iago Rego, o meu 'irmán' maior. Algún adestramento dando zapatilla monte arriba, coller a bici e arrincar unha mañá a onde nos leve a estrada... Xa temos algún plan que outro en marcha jeje.
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES: no Clube Ciclista 7Voltas temos a unha campiona galega, que logo se di, polo que é Isa Picoaga.
-MELLOR ADESTRADOR QUE TIVECHE: A Javi Chinchón na miña etapa de xuvenil, independentemente dos resultados (a verdade é que gañabamos poucos partidos).
Con él aprendín moito persoalmente, tanto do fútbol en sí, como das cousas que o rodean. Eses anos tiven a sorte de compartir vestiario con él tamén no 1º equipo e foi unha experiencia da que gardo moi bo recordo e moi boas leccións.
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: tras uns anos con problemas de lesións, voltar a disfrutar do fútbol e do deporte en xeral. Ademáis, coincidiu co meu debut no Mondoñedo FC, victoria e festas dos Remedios, vaia fin de semana.
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: Non son deso, cabeciña sempre jeje.
-UN LUGAR: Mondoñedo ou Santiago de Compostela.
-UNHA PELI: 100 metros.
- UNHA CANCIÓN: o himno galego é a que me fai sentir o que ningunha outra.
-UNHA COMIDA: rosca de verza de Mondoñedo.
-DEPORTES QUE PRACTICAS: fútbol, ciclistmo, a carreira en moitas das súas modalidades e algún que outro en menor medida.
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: coller un libro, relaxarse e ler. Tamén é bo momento para a formación tanto online como co papel e boli de toda a vida.
Quen teña sorte de ter horta ou xardín, sacarlle o máximo partido. É unha cousa que me gustaría facer e non podo.
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS: o que lle recomende un profesional titulado na materia en función das características de cada un. No meu caso, estou aproveitando para traballar a flexibilidade, entre outras.
-QUÉ VAI A SER O PRIMEIRO QUE FAIGAS CANDO ACABE O ESTADO DE ALARMA??: Cando se poida, facer unha viaxe duns días a un pobo cántabro.
- UN POSTRE: arroz con leite.
-UNA SERIE: son máis de libros. Recentemente rematei 'O último barco' de Domingo Villar, así que recomendo ese.