lunes, 13 de abril de 2020

ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA LEVAR MELLOR O ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 40)


Temos unha nova entrevista, esta vez de Manuel Tapia, Concelleiro de deportes do Concello de Mondoñedo. Grazas pola túa colaboración compañeiro.
-NOME: Manuel Tapia Rivera
-LUGAR DE NACEMENTO: Masma , Mondoñedo , 24 de Marzo de 1972
-COMPAÑEIRO DE AVENTURAS DEPORTIVAS O QUE BOTAS DE MENOS NESTOS DÍAS: O tecnico de deportes Raul xa que a diario estamos a traballar en ideas e melloras ou no dia a dia da delegacion de deportes
Durante estos dias seguimos en contacto virtual como a propia actividade da delegacion que sigue a tope con distintas actividades que agardamos sexan do agrado dos seus usuarios
-MELLOR DEPORTISTA CO QUE ADESTRACHES: Manuel Sanchez Garcia ( Noly )
Mondoñedo tivo a sorte de contar e disfrutar probablemente do xogador de futbol e futbol sala coas mellore cualidades tecnicas da nosa provincia co cal tiven a sorte de contar nos equipos que eu participei dende distintas facetas
-MELLOR ADESTRADOR QUE TIVECHE OU QUE ESTIVO NOS TEUS EQUIPOS: As miñas cualidades para o balon eran mui limitadas pero inda asi cheguei a debutar no equipo xuvenil da S D Mindoniense marcando o famoso gol de rodilla decian ( foi co muslo jeje ) equipo entrenado por Guilermo Redondas (Guille) e Gonzalo Garcia (Zalo) e en segunda rexional participando en dous encontros
Logo vistas as cualidades en aqueles partidos sempre estiven vinculado e colaborando en distintas directivas nas que destaco a labor de varios entrenadores
Andres Castro , Eduardo Edrosa ( Nacho ) e Guillermo Redondas (Guille)
Raul Gonzalez Redondo no primeiro aquipo de futbol sala femenino federado da nosa cidade
-MELLOR RECORDO DEPORTIVO: Recordos deportivos hai varios todos os que corresponden a historia do Mondoñedo F. S. que naceu do primeiro equipo ( A Sala ) que nos verans dende o ano 1995 pasabamos os fins de semana nos distintos torneos de futbol sala da zona
e o final da segunda tempada de torneos decidimos empezar unha andaina xogando en provincial ( liga da costa ) e logo de quedar campeons e lograr seremos campeons provinciais ascendimos a Autonomica Norte de futbol sala na que tivemos varias tempadas nas que creamos categorias inferiores chegando a participar na liga galega de xuvenis , de cadetes e un dos primeiros equipos de futbol sala femenino da provicia
En torno o Mondoñedo F S formouse unha familia deportiva da que saen a maioria dos meus mellores recordos e amigos relacionados co deporte
Logo teño tres que so ocurriron unha vez na historia
Ascenso da S. D. Mindoniense a terceira divisionno 1991
Casi dez anos despois no 2000 o Deportivo da Coruña queda campeon da liga española e dez anos despois a seleccion española queda campeona do mundo e logo cada ano que Rafael Nadal gaña na terra de Paris aumentando o seu record
e aumentando o numero de grandes gañados para min sempre e especial que o mellor deportista español de todos os tempos aumente o seu palmares
Recordo moi positivo dentro do meu traballo como concelleiro está a presentación da Volta Ciclista, e a salida da mesma desde Mondoñedo; recordo e agradezco o traballo das escolas deportivas a través da Asociación Deportiva Salto do Coro; recordo e sigo con moita ilusión o traballo do Mondoñedo FC.
E par min un orgullo estar a disposicion de todas as asociacions que traballan polo deporte no noso concello
-MAIOR TOLERÍA QUE FIXECHE POLO DEPORTE: Coller un taxi para ir detras do autobus que perdera para ir a Riazor ver a semifinal da champions Deportivo / Oporto
sin entrada que logo conseguin na reventa
Esa foi unha delas e logo na epoca dos torneos de futbol sala de veran os fins de semana que o que descansabamos era algo nos coches ou na grada
-UN LUGAR: Masma e a nosa cidade de Mondoñedo que como decia o universal Alvaro Cunqueiro e a unica cousa que enche o ollo do home logo Cambados que eu sempre digo que e como Mondoñedo con mar e o seu entorno Portonovo , O Grove
-UNHA PELI: Despertares
- UNHA CANCIÓN: Sultans of swing que ademai de titulo da cancion foi o primeiro nome do meu grupo favorito Dire Straits ademais pertenezco o bando dos sabineros do noso gran Joaquin Sabina
-UNHA COMIDA: Xamon
-DEPORTES QUE PRACTICAS: Senderismo no cal o meu recorrido favorito e unha caminata a Masma cada vez que poido
-CONSELLO QUE DAS PARA LEVAR MELLOR O CONFINAMIENTO: A lectura sobre todo obras do noso Alvaro Cunqueiro para min un adiantado os tempos nos anos 30 xa publicou obras que encaixarian na literatura de hoxe en dia casi un seculo despois
Sempre considerei que a sua obra recoñecida a nivel mundial era mercedora de un premio Nobel
Recordar os exitos mais gloriosos do noso deporte a nivel mundial nos ultimos anos que hoxe en dia temos a posibilidade de velos a traves de distintas plataformas
- QUE EXERCICIOS LLES RECOMENDAS Á XENTE PARA FACER EN CASA ESTES DÍAS: E logo para un bo mantemento fisico idear unha rutina personalizada que inda con un recorrido pequeno con algunha escaleira repetindo ata chegar a unha hora diaria nos manteremos en forma