sábado, 28 de marzo de 2020

ENTREVISTAS DEPORTIVAS PARA PASAR MEJOR EL ESTADO DE ALARMA (CAPÍTULO 10)



Contamos cunha nova colaboración, unha gran deportista mindoniense. Contamos coa colaboración de Isa, pertencente ao Club 7 Voltas. Un millón de grazas Isa.
-Nome: Isabel De Picoaga Lopez
-Lugar de nacemento: Mondoñedo
-Compañeiros de aventuras deportivas o que botas de menos nestes días: Pois boto de menos as saídas de bici cos compañeiros do Clube Ciclista 7 Voltas, Casal, Longa, Ramiro...etc. e tamén boto de menos as miñas compañerias btteiras que nesta época do ano teríamonos que ver os findes nas competicións.
-Mellor deportista co que adestraches: co meu compañeiro de viaxe Xabier, moita paciencia tivo que ter para iniciarme no mundo da bicicleta.
-Unha competición ou proba deportiva: Braganza Gran Fondo en Portugal, ruta cicluturista de carretera impresionante tanto polos paisaxes como polo despliegue organizativo. Nunca vin tanta xente dun pobo involucrada nunha ruta ciclista. En cada porto de montaña había bandas de musica, gaiteiros, dj, xente disfrazada cos traxes típicos de Braganza... impresionante.
-Mellor recordo deportivo: Cando gañei o campeonato galego btt maratón na miña categoría no 2016. Non mo podía crer.
-Maior tolería que fixeche polo deporte: Ir a unha carreira de montaña de 120km en modalidad parexa co meu compañeiro Xabier. Eu andaba pouco para el e él andaba moito para min...casi acaba en divorcio,jajajjaa.
-Un lugar: calquer camiño de montaña de Mondoñedo.
-Unha pelicula: En realidad son máis de lectura que de cine, pero unha película que me impactou moito no seu momento foi Matrix.
-Unha canción: Salsa Galaica de Son da Rúa.
-Unha comida: Bufff son de boa boca, váleme de todo, pero si teño que elexir como boa galega calquer marisco.
-Deportes que practicas: Ciclismo montaña e carretera.
-Consello que das para levar mellor o confinamento: facer cousas que te distraigan como cociñar, leer, exercicio e así abstraernos do bombardeo de noticias diarias.
-Que exercicios lles recomendas á xente para facer en casa estes días: os ciclistas coma min facer rodillo ou estática. Sinon calquer tipo de exercicios de forza,relaxación e estiramentos é bo.
Un millón de Grazas a Isa pola súa colaboración. Sempre, tanto ela como o seu club colaboran coa Delegación en todo o que necesitamos.
Como dicimos ultimamente: "Sempre Fortes!"