miércoles, 8 de mayo de 2019

FINAL PROVINCIAL DE FÚTBOL-SALA. PROGRAMA XOGADE.

Hoxe realizouse a presentación da final provincial de fútbol-sala en categoría infantil dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. A esta fase final clasificáronse os equipos de ED GUITIRIZ, ED LOURENZÁ, RIBEIRA FS, LUMIEIRA DEPORTIVO.
As semifinais desta fase que dilucidarán os dous equipos que loitan polo título serán ás 11:30 ED GUITIRIZ contra ED LOURENZÁ; ás 12:30 RIBEIRA FS contra LUMIEIRA DEPORTIVO. Ás 16 horas xogarase o terceiro e cuarto posto e ás 17 horas a final.
Á presentación acudiron Manuel Tapia, concelleiro de deportes do Concello de Mondoñedo e Manolo Cadramón, xefe do servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.