CONVENIO ENTRE AD SALTO DO CORO E O CLUBE TRIPENTA DE LUGO

Os presidentes da Asociación Salto do Coro, Ramiro Chao Rego, e do Club Tripenta de Lugo, José Luis Mendez Ruiz, asinaron este sábado un convenio de colaboración entre as dúas entidades polo cal ambas as entidades comprométense en potenciar o dúatlon e outros deportes dependentes da Federación de Tríatlon en Mondoñedo.
A firma estivo enmarcada na actividade que ambas as entidades organizaron este sábado pola tarde en Mondoñedo, un adestramento de dúatlon e probas de Laser Run, onde os mozos do club de Mondoñedo coñeceron este deporte.
Laser-Run é outra actividade xa realizada no colexio de Abadín cos alumnos do centro educativo.



Tamén serviu para dar a coñecer o patrocinio da actividade a través da Panadería Bouso e de INGETEAM.