APERTURA DAS PISCINAS

 o vindeiro día 1 de xullo está prevista a reabertura das piscinas municipais, sendo o horario do seu funcionamento de 12 a 20 horas e permanecerán abertas ata o 31 agosto, sen prexuízo da posibilidade de modificar tales datas, en función das condicións climatolóxicas.

Igualmente infórmolles que dende hoxe xa poden dirixirse ás dependencias municipais (Praza do Concello, nº1) para pagar o prezo correspondente na tesourería municipal, tendo que solicita-la tarxeta de abonado nas piscinas municipais unha vez abran estas.

Para facer esta solicitude é necesario presentar os carnets de identidade dos integrantes da familia, no caso de abono familiar, ou ben do solicitante en caso de ser abono individual. Así mesmo será necesario aportar fotografía tamaño carnet de cada socio ou fotocopia da mesma.

As normas que rexerán esta tempada nas instalacións serán as mesmas que na anterior.