sábado, 24 de junio de 2017

FESTIVAL DE PATINAXE

As escolas deportivas de patinaxe pecharon o ano cunha exhibición con 16 coreografías dirixidas pola súa monitora Rebeca Díaz Rufian.

Este xoves as alumnas de Rebeca puideron gozar desta actividade e presentar os seus progresos de fronte ao público durante a hora e media que durou o festival.

Agora terán un merecido descanso e volverán ás clases no mes de outubro.