sábado, 23 de abril de 2016

PRESENTACIÓN FINAL GALEGA DÚATLON

Hoxe realizouse a presentación da proba do Galego de Dúatlon en idade escolar dependente do programa Xogade que se celebrará en Mondoñedo o próximo día 7 de maio pola tarde.
Á presentación, que se realizou nas instalación deportivas do Concello de Mondoñedo, acudiron Manolo Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes; Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo; Manuel Tapia, Concelleiro de Deportes; Alberto García, concelleiro de Xuventude; Francisco Villanueva, presidente da Federación Galega de Tríatlon; Ramiro Chao, presidente da Asociación Salto do Coro.



A continuación deixámosvos un resumo do que vai ser a organización da proba:

FINAL GALEGA DÚATLON ESCOLAR  MONDOÑEDO, 7 de maio de 2016
REGULAMENTO

Organiza:
Federación Galega de Triatlón
Correo-e: tripentaterrasdelugo@gmail.com
Persoa de contacto: Francisco Villanueva e Roi Cuba Dorado
Teléfono: 677229408
Teléfono: 686118722

Patrocina:
Concello de Mondoñedo
Deputación Provincial de Lugo

Colabora:
A.D. Tri-penta Terras de Lugo
A.D. Salto do Coro
Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia
Fundación Deporte Galego

Participantes previstos: 280

Data e horario da carreira:
Domingo 7 de maio de 2016
Saída categoría benxamín masculina ás 16:30 h
Saída categoría benxamín feminina ás 16:55 h
Saída categoría alevín masculina ás 17:20 h
Saída categoría alevín feminina ás 17:55 h
Saída categoría infantil masculina e feminina ás 18:35 h
Saída categoría cadete masculina e feminina ás 19:20 h
Hora de remate das probas ás 20:10 h
Entrega de premios as 20:30 h

Distancias:
Categoría benxamín: 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250 m de carreira a pé
Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500 m de carreira a pé
Categoría infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé
Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé


Saída, transición e meta:
Alameda dos Remedios

Recollida de dorsais:
Na carpa de organización, nas inmediacións da transición dende  unha hora antes do comenzó da primeira saída e ata 15´ antes da saída da mesma.

Premios:
· Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

Normas de competición
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2016 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia así coma do regulamento de competicións.

Inscricións
Ata o mércores, 4 de maio, enviando o formulario cuberto á Federación Galega de Triatlón correo-e: fegatri@hotmail.com