DUATLÓN MONDOÑEDO

O día 3 de Abril Mondoñedo, as 11 da mañá, celebrará o seu terceiro dúatlon escolar tendo como marco incomparable a Catedral de Mondoñedo.

Nesta actividade colaboran a Asociación Salto do Coro de Mondoñedo, a Delegación de Deportes de Mondoñedo, Protección Civil de Mondoñedo, a Policía Local. A actividade, dentro das probas do programa xogade da Xunta de Galicia, está organizada pola Federación Galega de Tríatlon, e polo club TERRAS DE LUGO.

Dentro da campaña de fomento da devandita proba, a Federación Galega de Tríatlon e o Club Terras de Lugo, organizan un adestramento especial nas instalacións da granxa o vindeiro sábado 26 ás 16:30 horas (no caso de mal tempo farase no Polideportivo Municipal), e unha actividade con alumnos do CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MOURA o martes 29 onde os nenos farán prácticas de manexo de bicis e xogos relacionados con certas rutinas que se dan nestas probas.