martes, 21 de julio de 2015

PRIMER CAMPAMENTO URBÁN MOVETE CON NOS A MONDOÑEDO


I CAMPAMENTO URBÁN MOVETE CON NOS A MONDONEDO
O I Campamento Urbán MOVETE CON NOS A MONDOÑEDO é o froito dunha excelente relación que o Concello de Mondoñedo mantén co Club Estudiantes de Lugo e que vén de cristalizar nunha reunión que sentou as bases para dito evento.
O presidente do noso clube Jesús Lázare, o vicepresidente do mesmo Arsenio Chapela e o concelleiro de Deportes da vila Manuel Tapia acordaron organizar conxuntamente un campamento urbano entre os días 24 e 28 do vindeiro Agosto.
Ambas partes queren extender a invitación a participar no Campamento a tódolos nenos e nenas de 3 a 12 anos da Mariña Central e arredores. Á súa vez Un dos aspectos que destaca o Concelleiro son as distintas actividades de tipo deportivo e cultural que se incluirán na programación, ademáis das exclusivamente lúdicas propias de todo campamento de verán.
Pola súa parte, o Estudiantes de Lugo aportará a infraestructura e coordinación precisas para que, xunto cos medios humanos e materiais facilitados polo Concello, se garantice que as actividades se adapten perfectamente as necesidades dos participantes e, deste xeito, se asegure o éxito do evento.

Ambas partes traballarán conxuntamente desexando que, os próximos anos, sexa necesario aumentar a duración e número de actividades debido ao incremento de participantes.