domingo, 3 de mayo de 2015

información copa baloncesto A MARIÑA

AGRUPACION DEPORTIVA A MARIÑA
Deporte en Idade Escolar
Tempada 2014/2015
COPA A MARIÑA BASKET:
Benxamín, Alevín e Infantil

A.-CALENDARIO DE COMPETICIÓN: (ORIENTATIVO)
            PREVIAS XORNADA DE COPA:         SÁBADO, 16 MAIO   
         XORNADA FINAL: SÁBADO, 23 MAIO.
            As xornadas de Copa de BASKET en A Mariña comenzarán posiblemente o 16 de Maio; tamén dependendo do número de equipos inscritos. Será por concentracións pero o sistema de competición definitivo terémolo unha vez nos confirmedes os equipos participantes.

B.- EQUIPOS PARTICIPANTES:
            1.- Participarán os equipos de categoría benxamín, alevín e infantil que así o desexen e participaran na liga regular de deporte escolar (Xogade)

            2—Para confirmar a participación do equipo; faredes a inscripción antes do día 1 de MAIO Debedes facernos chegar a esta agrupacion cuberto o             impreso que se achega no folio 2 por email a agrupacionamarina@gmail.com

C-TROFEOS:
            1.- Entregarase o trofeo de campión de copa ó 1º da categoría benxamín, ó 1º da categoría alevín e ó 1º da categoría infantil

D- SORTEO:
            1.- O sorteo e a composición dos grupos terá lugar o LUNS dia 4 de MAIO no Colexio O Pilar de Foz ás 20 horas.

E- SEDES:
            1.- As entidades que o desexen poden solicitar ser sede dos encontros asumindo o “bocata” de mediodía e se é ser sede da final os trofeos de campións de Copa. A sede da final dispoñerá tamén dun equipo de megafonía.

F – ARBITRAXES:
            Os encontros serán asumidos ó 50% polos equipos participantes.

G – TRANSPORTE:

            A A.D. A Mariña facilitará o transporte para os encontros a todos os equipos que así o soliciten