XOGOS NA PISCINA

A delegación de deportes do Concello de Mondoñedo organiza o día 1 de Xullo unha actividade de xogos para os nenos usuarios do servizo das piscinas municipais de Mondoñedo.

A actividade empezará as 12:30, podendo traer os pequenos a comida para comer todos xuntos na piscina unha vez rematada a actividade.

Esta actividade de xogos axudaranos a formar os grupos dos cursos de natación vendo o nivel que os alumnos teñen.


Os cursos iniciaranse oficialmente o día 2 e todos os interesados en participar poden apuntarse acudindo ás piscinas municipais ou chamar ao teléfono 605790091.