lunes, 16 de junio de 2014

PISCINAS MUNICIPAIS (APERTURA)

O 1 de xullo está prevista a reapertura das piscinas municipais, sendo o horario do seu funcionamento de 12 a 20 horas e permanecerán abertas ata o 31 de agosto, sen prexuízo da posibilidade de modificar tales datas, en función das condicións climatolóxicas.
 
Igualmente infórmolles que dende hoxe xa poden dirixirse á Oficina de Novagalicia banco situado  na Praza do Concello, para pagar o prezo correspondente, tendo que solicita-la tarxeta de abonado nas piscinas municipais unha vez abran estas.
 
Para facer esta solicitude é necesario presentar os carnés de identidade dos integrantes da familia, no caso de abono familiar, ou ben do solicitante en caso de ser abono individual. Así mesmo será necesario aportar fotografía tamaño carné de cada socio ou fotocopia da mesma.
 
As normas que rexerán esta tempada nas instalacións serán as mesmas que na anterior, por outra parte, os prezos actuais son os seguintes:
 
a)      Nenos e mozos ata 18 anos inclusive:
 
Entrada diaria.................................1,25 €.
Abono mensual.............................. 9,46 €.
Abono tempada............................. 12,60 €.
 
b)      Mozos e adultos (de máis de 18 anos):
 
Entrada diaria.................................2,20 €.
Abono mensual.............................. 15,76 €.
Abono tempada............................. 18,91 €.
 
c)      Familiares:
 
Abono mensual...............................25,21 €.
Abono tempada..............................37,82 €.