Rutometro duatlón escolar de Mondoñedo

I DÚATLON ESCOLAR CONCELLO DE MONDOÑEDO



RUTÓMETRO


Data de celebración: Sábado 12 de abril de 2014
Horario das probas
Saída categoría benxamín as 16:00
Saída categoría alevín as 16:20
Saída categoría infantil as 16:50
Saída categoría cadete as 17:30

Hora de remate da proba: 18:20 horas aproximadamente.


A proba comezará ás 16:00 horas. A saída será na rúa San Roque

O primeiro sector que consistirá en 0,5, 1, 1´5 e 2 km de carrerira a pé en cada unha das probas discorrerá pola rúa San Roque  facendo en cada proba dous ida e volta ata un cono diferente en cada proba, segundo croquis adxunto.
  
O segundo sector, de 2  4, 6 e 8  km de carreira en bicicleta en cada unha das probas, comenzará na praza da Catedral, saíndo pola rúa da Fonte, cruzando a avenida de Buenos Aires (LU-124) continuando pola rúa de Vilalba ata a rúa Viñas de Veiga onde está o punto de retorno , voltando polo mesmo percorrido ata o punto de rotrno das voltas , dando 1, 2, 3 e 4 voltas por categoría respectivamente. 

O terceiro sector de 0’250, 0´5, 0´750 e 1 km a pé en cada unha das probas, farase no mesmo circuíto do primeiro sector pero dando solo unha volta. Os primeiros duatletas completarán o percorrido total en aproximadamente 8, 14, 25 e 39 minutos nas respectivas probas e os últimos empregarán aproximadamente 12, 25, 40 e 50 minutos.